Saltar ao contido

Patrimonio

lugares de interese

Cultura e natureza

En San Xurxo de Sacos é posible toparse con multitude de lugares, monumentos e edificacións que entre todos temos a responsabilidade de coidar e por en valor.

O patrimonio cultural e natural contido nos límites da nosa Comunidade de Montes goza dun gran significado para todos os nosos habitantes, pois representa a nosa herdanza, que ten de ser transmitida ás futuras xeracións.

igrexas e capelas
cruceiros e fontes
carballeiras e roteiros
LUGAR DE CUSPEDRIÑOS
CARBALLEIRA DE SAN XUSTO

O noso patrimonio natural, cultural e paisaxístico consiste nunha serie de lugares que manteñen a súa forma orixinal, está constituido por elementos naturais mesturados coa intervención da humanidade, e forman parte da nosa identidade como habitantes destas terras.

A Comunidade de Montes de San Xurxo de Sacos declara a súa interese en conservar estes bens de valor universal, e anima a todos os visitantes coñecelos e disfrutalos, respectando a súa integridade.

BAÑOS DE SAN XUSTO
LUGAR DE FONTÁN
roteiro

Sendeiro de San Xusto (PR-G 29)

Esta ruta comeza na Carballeira de San Xurxo, accesible dende a carretera N-541 en dirección cara a Pontevedra.

Trátase dun roteiro circular que discurre polos montes da parroquia de San Xurxo de Sacos, duns 14 Km de recorrido, de dificultade media e cunha duración estimada de 5 horas. Atravesa lugares de interese como a Carballeira de San Xusto, os Baños de San Xusto, a Ponte Nova, os montes de Cutián e o lugar de Fontán, rematando de novo na Carballeira de San Xusto. No lugar de Cernadelo, existe unha derivación que leva ata o Petroglifo de A Laxe das Rodas.

DIFICULTADE MEDIA-ALTA
LONXITUDE 14 KM
DURACIÓN 5 HORAS
enlaces

Outras páxinas de interese

Goberno da Xunta de Galicia

Páxina oficial da Xunta de Galicia.

Deputación de Pontevedra

Páxina da Deputación de Pontevedra.

Concello de Cerdedo Cotobade

Páxina do Concello de Cerdedo Cotobade.

SOBRE NÓS

A NOSA HISTORIA

A partires de finais do século XIX e comezos do XX comeza a desenvolverse o asociacionismo agrario como parte do movemento obreiro. Debido ao asociacionismo, nace no 1903 a Sociedade de Agricultores de San Xurxo de Sacos, unha das primeiras que se constituíu no Concello de Cotobade.