Saltar ao contido

A Casa do Pobo

A creación da Xunta Xestora da Comunidade de Montes de San Xurxo de Sacos propiciou a construcción da actual Casa do Pobo.

Efetuouse a compra ó Ministerio de Traballo da antiga Casa Escola de San Xurxo, que fora construida un século atrás por iniciativa dos emigrantes do lugar.

Rematouse a súa rehabilitación no ano 2014, momento  no que se destina o seu uso para sede da nosa Comunidade de Montes.

A Casa da Sociedade de San Xurxo de Sacos é un ben que pertenece aos comuneiros y comuneiras da Parroquia de San Xurxo de Sacos (excepto o lugar de Fentans), polo tanto, temos o deber de conservala, cuidara e engrandecela para cederlla ás futuras xeracións como exemplo del “bo facer” dos nosos ancestros.

Para isto son necesarias una serie de normas de obrigado cumplimento para todas aquelas persoas e/ou colectivos que soliciten formalmente o uso destas instalacións.

Como primeiros responsables do seu mantemento e conservación, os comuneiros e comuneiras temos que velar polo seu ben, avisando a cualquera dos miembros da Xunta Directiva de cualquer novidade que suceda no seu interior e alrededores.

Normas de uso

Prioridade

O uso das instalacións será prioritario para veciños e comuneiros de San Xurxo de Sacos.

Solicitude

O permiso de uso dase só a maiores de idade, sendo esa autorización válida para unha única vez.

Limpeza

Os solicitantes serán os responsables da limpeza das instalacións unha vez finalizado o evento.

patrimonio

LUGARES DE INTERESE

Na nosa contorna contamos con unha gran variedade de patrimonio que pega a pena visitar. Tamén existen roteiros de senderismo que ofrecen boas camiñatas.