O 5 de decembro de 1909, en Buenos Aires, publicase un manifesto dirixido a todos os fillos e aveciñados de San Xurxo de Sacos, que anunciaba a iniciativa dun grupo de mozos naturais de San Xurxo de abrir unha subscrición para a construcción dunha casa para Escola e un novo Cemiterio.

Ao estar situado no Monte Comunal os gastos do seu mantemento correron a cargo dos comuneiros e comuneiras da Comunidade de Montes de San Xurxo de Sacos.
O día 10 de novembro de 2024 celebrouse unha Asemblea de propietarios, aprobándose os Estatutos e a elección da Xunta Directiva da Asociación Vecinal de propietarios do Cemiterio de San Xurxo de Sacos.
